Benvido a un mundo nuclear

O meu retorno foi o retorno máis feliz da historia. Nunca desapareceu un sorriso dos meus beizos, nunca, aínda con todas as tormentas e impedimentos pensei que non chegaria a casa, pero ainda asi todo é distinto.

Cheguei a un mundo nuclear, devastado polas bombas e os sentimentos. Un mundo que claramente non era o mundo que eu deixei cando marchei. Nada mais chegar unha das bombas de dez mil megatóns caeu sobre a miña cabeza, deixandome indefenso ante calquera outro ataque. E sempre veñen as mesmas cousas a cabeza: «Quen ten a culpa? Quen ten a culpa, que quero que fale?!». Falan de amor epico, mais non hai mais que cinzas e tanques oxidados por mor do «amor». El falame dunha forza que non puido esquivar despois de tanto tempo, e agora as bagoas dunha persoa inocente foron derramadas. Neste novo mundo nuclear tan só queda hipocrisia e mentira, negacion da realidade, golpes na parede ante a frustración.

Estou feliz pola miña volta e ver que os meus amigos seguen igual, mais a decepción non se vai da miña cabeza. E sigo a ter na cabeza o mesmo, unha e outra vez: «Quen ten a culpa? Que dea a cara! Quen ten a culpa? Que dea a ca…!». Non importa, parece que agora a ninguén lle importa, os culpables crense as suas mentiras dunha forma tan relixiosa coma un cura a sua misa. Agora as poucas cousas que tiñan sentido xa non o teñen e o mundo que coñecía xa non existe. Supoño que é cuestión de acostumarme, pero unha parte de min sentese impotente ante a cruda verdade: Todo foi unha mentira, unha trola dun bufón máis listo ca min.

Agora miro adiante, pensando en como dicirlle as miñas próximas palabras e esquivar o odio que me come por dentro cando fala dun amor reencontrado e de que se teño algunha pregunta non dubide en facela. A miña pregunta non é unha pregunta, non hai nada que dicir, non sen dañar os sentimentos do outro, e a empatía e algo que non só predico senón que ademais practico. Alá as tuas mulleres e os teus amores, os teus sentimentos e os teus medos. Ainda neste novo mundo nuclear e destruido sinto todavia esperanza, sempre e cando eu estea con ela para axudala e os meus amigos me dean mantas para este frío camiño que  é a reconstrución. Os teus medos foron correctos, nós seguimos en pé.

Cordialmente,

Álvaro.

Na categoría Galiza, Mozas | 2 Comentarios

Coach Horrel tiña razon

Defensive Line

Coma defensa sobre a liña tes que ter unhas poucas caracteristicas na tua personalidade.

Primeiro, necesitas ter un gusto polo caos absoluto. Mentres que os atacantes sobre a liña poden ser descritos coma os valentes e leais gardas do palacio, ti, o defensa sobre a liña, es quen ten que alborotar o castelo, entrar por calquera metodo posible, e destruir a civilizacion que representa. Debes pasar todo o dia diante da cara do atacante sobre a liña, e el debe pasar todo o dia diante da tua. Ti atacaras e seras atacado todo o tempo. Segundo, necesitaras confianza,  teimosía e un forte ego. Despois de todo, cada xogada que o teu oponente ten, esta disennada para sobrepasarte primeiro. Algunha das suas xogadas tera exito, e ti non poras zoscarlle ao quaterback tantas veces esa tempada.

O teu oponente ten a vantaxe de saber o que fara, mentres que ti tes que reaccionar o mais rapido posible.

(Football Techniques in pictures, Michael Brown)

————————————————————————

Coach Horrel fixo un bo traballo cando me fixo xogar de defensa sobre a liña por primeira vez. Alguns adoramos o caos absoluto:

Image Hosted by ImageShack.us

Agora podo dicilo: Coach Horrel tiña razon.

Alvaro.

Na categoría chaffee, curiosidades, Football, Galiza | Leave a comment

Encantame…

Encantame pensar que estou a vivir unha experiencia incrible,

encantame espertar cada manna coa eterna pregunta de que tempo fara fora da minna casa,

encantame andar ata o instituto polas mannas, cando o dia recende a veran,

encantame pensar en Estados Unidos e nos estados que me rodean,

encantame cando me sinto orgulloso ao probar un novo deporte.

Gustame saber que podo darlle unha aperta aos meus pais americanos,

gustame (ainda mais) saber que dentro de pouco poderei darlle unha aperta aos meus verdadeiros pais,

sintome ben, seguro e decidido a disfrutar do tempo.

sintome vivo.

Encantame andar polas ruas de Chaffee pola noite, cando as estrelas deixan de ser timidas, e os gatos me esperan nos porches,

encantame a lua, tan redonda e soa no seu trono de escuridade,

encantame o ceo, e a noite, e o silencio que trae con ela.

Gustame ver videos de Galicia,

escoitar as voces cos seus acentos corunneses

ou a xente de Pontedeume coa sua xerga tan caracteristica.

Gustame ver calquera cousa que me inspire a minna cidade de cristal,

ala aos pes do oceano, nunha loita eterna contra o destino.

Non podo creer que leve oito meses neste pais.

Encantame (e asustame) pensar que en seis semanas voltarei a casa,

gustame pensar que tenno duas casas, dous fogares,

e agora o oceano tira pedras contra o meu corazon,

quere que volte,

eu quero voltar.

Gustame o son de mil conversacions ao mesmo tempo,

nas festas das Peras ou nas festas de Maria Pita,

gustame a praia, coa area fria, e o rumor dos coches,

encantame o lume na noite de San Xoan.

Poderia saltar sobre o lume unha vez mais,

duas veces mais, tres veces mais…

…catro veces mais…

Gustanme os fogos artificiais, rompendo contra o ceo,

un xordo «BUM! BUM!», unha nube de cor,

guerra en tempos de paz,

e suben mais fogos, e mais cores,

e un caos, parece que as luces caesen sobre a tua cabeza,

pero non tes medo,

nunca tes medo.

 

Quen necesita un 4 de Xullo para ver bos fogos artificiais?

Na categoría america, chaffee, curiosidades, Galiza, Mozas | 2 Comentarios

Non coa minna Katelyn

O problema de ir ao prom e connecer aos pais da parella. Eles queren que a sua filla vaia cunha persoa na que podan confiar, responsable e con mais de duas neuronas de intelixencia. Hai duas semana fun a casa de Katelyn (a minna parella) para connecer aos seus pais. Era un dia moi bo, primaveral, entrei na sua casa e tivemos unha conversa informal e puiden sentir que lles gustaba moito. Pero aquilo era tan so a primeira ronda.

O xoves estiven en casa de Katelyn (aproveitando que estaba en casa dos meus avos, que viven ao lado), asi que tiven que verme cara a cara coa sua nai. A sua nai fixome preguntas durante unha hora (se me gustaba Katelyn, que se me casaria coa sua filla, que canto fillos quero ter…); a verdade e que ao principio deixoume aparvado pero reaccionei moi ben a toda as suas preguntas e encontreille o punto a sua nai rapidamente, polo tanto podia lanzar os seus ataques na sua contra. A nai de Katelyn dixome que o rapaz da sua filla estaba ben, pero que ela buscaba algo mellor e que esperaba que eu fose esa persoa.

Ao dia seguinte, pola noite, paseime pola casa de Katelyn para celebrar o seu aniversario (e o meu) e o seu mozo estaba ali, pero podias ver que tinna un medo mortal da nai de Katelyn; tentaba falar o minimo posible mentres que eu podia bromear con ela e falar de calquera cousa.

Agora podo dicilo: incluso no outro lado do Atlantico as nais das minnas amigas gustolles para que sexa algo mais. Irei ao prom con ela (sabendo que coma faga algo malo habera un bate de baseball esperandome na sua casa) sen ningun impedimento maternal.

Unha nova vitoria nas Americas.

Saudos,

Alvaro.

Na categoría america, curiosidades, Mozas, Prom | 4 Comentarios

Un aniversario moi longo

Os dias da semana sucedianse demasiado lento e o sentimento de desconfianza medraba cada dia. Preguntabame que faria, que xente me felicitaria (e que xente esqueceria o meu aniversario por completo), etc.

A vez que medraba a minna inseguridade todas as pezas se ponnian en posicion para o venres dia 19 de marzo (dia do pai) e os meus amigos en Galiza organizaban unha chamada moi especial na minna casa. Pola outra banda os meus pais americanos tinnan unha sorpresa preparada para mi e tinnamos que marchar da casa as cinco da manna, asi que a chamada cos meus amigos tinna que ser ainda mais cedo.

Comencei a recibir as primeiras felicitacions as seis da tarde do dia 18 (as seis horas de diferenza tennen a sua vantaxe). Ao dia seguinte espertei as 3:53 da manna. Estaba canso tras semanas de adestramentos duros de atletismo e poucas horas de sonno, pero non podia esperar para ver aos meus amigos mais ala de fotos despois de tantos meses (sete meses e medio).

A minna nai colleu a chamada polo Skype (un dos mellores inventos deste siglo) dicindo que ningun dos meus amigos chegara a casa (ainda que puidese escoitalos de fondo). E enton puiden ver os rostros de Andrea, Galan e Antonio. A minna nai cambiou o sentido da camara para que enfocase  o sofa e asi poder estar todos mais comodos. Enton foi cando vin a sorpresa que os meus amigos tinnan preparada para min: Eva. Un boisimo agasallo de aniversario. Rimos a cachon durante case unha hora e dixenlles ao final que pasasen cada un por diante da camara para que puidese velos mellor, asi que ali pasaron as seis persoas que me alegraron o dia e, seguramente, os dous meses que me quedan neste pais. Todos estabamos moi durmidos (ainda que eles porque son uns lacazans, que eran as 10:30 da manna en Corunna mentres que para min eran as 4:30 da madrugada). Sempre que vexo esta foto produceme un sorriso:

Logo os meus pais americanos levaronme a minna sorpresa: Un colon xigante. A verdade e que ao principio quedei con cara de: «Pero que demo?». Levaronme as tantas da manna a ver un colon xigante, pero todo era unha broma e despois do tour (no que estaba totalmente aparvado porque non entendia nada do que estaba a suceder) contaronme que a sorpresa era almorzar nun restaurante e que eles pagaban. Logo voltei a clase, tiven un adestramento durisimo de track e volvin  a casa esgotado. Tinna que descansar; ao dia seguinte seria a minna «festa», e fun a cama pensando nas grandes experiencias do dia e por riba de todo, no colon xigante.

O sabado notei que era mais vello, os 17 anos de idade caeron sobre min coma auga fria, non puiden darme unha ducha e ainda por riba tinna que limpar o porche antes, asi que pasei duas horas limpándoo, sentindome ainda mais sucio que o minuto antes, pero feliz e algo nervioso pola festa.

Despois de ducharme e mercar os meus novos zapatos de atletismo e unhas mallas de rapaza (por erro) voltei a casa, ainda mais nervioso. A primeira persoa en chegar foi Katelyn (a minna parella para o Prom, que fai anos o mesmo dia ca min) conducindo co seu novo coche (cumpriu 16 anos, asi que aqui pode conducir legalmente). Logo a xente chegou mais tarde ou cedo e todos estabamos no porche traseiro tomando unha barbacoa ou no xardin xogando ao football (cousa moi divertida),;logo, os que ainda estabamos ali entramos dentro e vimos unha pelicula. Co tempo as rapazas tiveron que marchar e moitos dos rapaces pasaron a noite na minna casa. Primeiro vimos unha pelicula de aliens que era moi mala e case todos estabamos durmindo, pero logo vimos unha pelicula de suspense; o problema foi que estabamos tan cansos que para o final todos estabamos durmidos (ou no meu caso, tendo vision doble por culpa do esgotamento). Unhas duas horas despois espertei e a television estaba encendida e o menu do dvd posto (coa sua musica tetrica), asi que tiven que apagar o televisor e pasar uns dez minutos na escuridade escoitando as respiracions dos meus amigos no salon.

A manna seguinte todos estabamos demasiado cansos e vagos coma para levantarnos e pasamos a manna vendo mais peliculas (entre elas, 300).

Asi foi o meu aniversario americano, con agasallos incribles (como os agasallos dos meus pais, perfectos) ou o empenno da xente por facer que me sentise ben.

Saudos,

Alvaro

(Agora un ano mais preto da tumba)

:D

Na categoría america, chaffee, curiosidades, Football, Galiza, Mozas, Prom, Track & Field | Leave a comment

A minna obsesion

Esperei todo este tempo a que chegase este momento. Este luns, 1 de marzo, «track and field» ou atletismo comezara despois de tanta espera.

Track sempre foi a minna obsesion, e o meu deporte. Nunca na minna vida fixen atletismo ou algo parecido, pero son rapido (ou iso din) e tenno as minnas metas ben claras. Quero voltar a casa cunha medalla, quero voltar a casa sentindo que fixen algo que marcou unha diferenza.

As minnas metas son ir as estatais (onde tan so corren os mellores) e bater algun dos records do instituto. Sera dificil, duro, pero o conseguirei, non me renderei, non desta vez. Coido que agora e a minna oportunidade de demostrar de que estou feito. Estiven as ultimas duas semanas adestrando cada manna para estar en forma este luns. O outro dia corrin sobre a pista (a primeira vez que corria sobre unha pista de atletismo na minna vida) e comprobei o cansado que e. Corrin un 800 metros (duas voltas), fixenos en 2:37 (o actual record do instituto e 2:02). Os primeiros 200 metros da carreira foron meus, polo que quero ver se nesa distancia podo facer un bo traballo.

Este luns comezarei a correr 20o e 400 metros, na procura da distancia que sexa mellor para min. Unha vez que atope a minna distancia centrareime nela e tentarei ser o mellor posible. O adestrador de distancias (o meu querido Calkins, co que xa corrin algun que outro dia) quere que faga distancias, polo que estou a pensar en correr estas distancias: 200 metros, 400 metros, 800 metros e 1 milla. Ainda que tenno a mente aberta a facer salto de lonxitude, entre outras.

Track e a minna obsesion, o meu amor, as minnas esperanzas estan postas neste deporte. Luisa cre que podo facelo, Calkins cre que podo facelo se sigo os seus consellos. O 23 de marzo e a primeira carreira, estarei preparado. Desta vez estarei preparado.

Na categoría america, chaffee, curiosidades, high school, Track & Field | 3 Comentarios

Farewell, basketball

A minna profesora tinna razon: Baloncesto e a tempada que nunca remata. Da igual as cousas que pasen, os partidos, os exames… faise interminabel. Deberia comezar desculpandome, posto que esta anotacion son mais ben tres, que falaran do que quero falar.

O baloncesto e un deporte mais fisico ca football, esa e unha das conclusion que tirei despois destes catro meses. Non hai anecdotas grandiosas sobre os partidos, nunca xoguei mais que o ultimo minuto e medio dun partido e nunca fixen canastra. Ainda asi gocei moitisimo.

Baloncesto ensinoume cousas distintas. Baloncesto foi unha axuda para poder ter unha relacion mais forte e mellor con todo o mundo (xogadores e non xogadores). Baloncesto foron os bos momentos antes dos partidos, de brincadeira, escoitando musica, loitando uns cos outros.

Por primeira vez sentinme coma un xogador de Varsity, gocei cada partido, sentin o que e gannar neste pais. Tamen pasei malos momentos, os berros, e non poderei esquecer os adestramentos. As veces volvin deles moi pero que moi enrabechado (coma aquel dia no que corrimos de linna de banda a linna de banda 76 veces).

Connecin nova xente, novas animadoras, novos equipos e visitei moitos mais institutos do que fixera nunca. Baloncesto foi un tempo entre football e track (atletismo); agora e a minna oportunidade de ser bo en algo, despois de todo o aprendido.

Deberia escribir alguns momentos agora gardados na minna memoria tras estes catro meses:

-Greenville, o primero partido: Gannamos de paliza e foi o primeiro partido que xoguei. As animadoras tinnan unha mascota, que era un oso. O oso nunca se movia, tan so estaba ali, mirando o partido, sen facer nada gracioso ou con intencion de ser gracioso (cousa que fan a maioria das mascotas). Cando xoguei tirei a canastra, pero a pelota saiu por enriba do taboleiro, foi un dos peores tiros que nunca ninguen puido facer. Todos riron, eu rin, o oso non fixo nada, era un oso e tan so estaba ali de pe, deixando claro o que era.

-Primeiro adestramento: O primeiro dia de baloncesto estaba emocionado, era baloncesto, un deporte novo nun pais novo. A xente contoume que o primeiro dia sempre corrian, a idea non era tan mala, gustame correr e tampouco e tan dificil. Pero enton encontreime cos «killers» (dos que non quero falar nunca mais na minna vida);  tras do segundo killer estaba case a piques de caer ao chan desmaiado. Non estaba preparado para iso, e logo ainda menos para os «sidelines» (linea de banda a linea de banda). Co tempo mellorei os meus tempos e en ocasions cheguei a ser o primeiro en facer os killers.

-Coach Govreau esta cabreado: O noso adestrador enfadouse moitisimas veces ao longo do ano, pero unha das que mais me marcou foi hai duas semanas, cando xogabamos contra Oran; no descanso chegou ao vestiario e comenzou a berrar que xogabamos coma «pussies» (literalmente «gatitos», pero ese non era o significado que utilizou). Estaba moi encabuxado. Foi un mal partido, para todos. Pero tamen entre os seus momentos de cabreo poderia destacar cando pateou un cesto cheo de roupa e lle deu a Andy, entre outras.

-Marquand High School: Marquand e connecido coma un dos peores equipos e dos mais cutres, pero nunca xogaramos no seu propio instituto. O seu instituto tinna un ximnasio anano, con canastras e taboleiros non homologados. O vestiario cheiraba fatal, sentias a xente que estaba ali coma se estivesen ao teu caron por culpa de que a pista e tan pequena. Costounos derrotalos no seu campo; tal vez fose porque no seu equipo estaban os clons de Zack Efron (o rapaz de High School Musical) e un dos Jonas Brothers.

Non foi tan mal esta experiencia. Hoxe, tras o partido, coach Govreau preguntou se tinnamos algo que dicir. Eu tan so respondin: «I’m gonna miss you». Fixen moitos amigos nestes meses, sobretodo co comezo do novo ano. Agora track e a minna nova fronteira. Botarei de menos a Crowe e a Davie, entre outros.

Farewell, basketball. I’m going to miss you, even if i hate you.

Alvaro.

Na categoría america, basketball, chaffee, curiosidades, high school | Leave a comment

Xornalismo

Ese e o meu futuro, sen ningunha dubida, escribir nun xornal sobre noticias mais ou menos interesantes. E agora estou mais convencido ca nunca.

Unha das boas cousas de estar en FBLA (esa asociacion de futuros lideres mundiais que conquistaran o mundo) e que unha das actividades e acompannar a un profesional «shadowing» durante unha manna normal de traballo. Asi que decidin que coma queria ser xornalista o mellor seria ir cun xornalista.

Este martes 2 de febreiro foi a minna experiencia.

Dende que cheguei ao xornal (que esta na cidade mais cercana) sentinme comodo, unha sensacion que non disfruto a maioria do tempo, polo menos non dende o principio. Cheguei e preguntei en recepcion por un tal Bob, ali xa comecei a facer bromas e sentirme a gusto.

Logo Bob, que non era a persoa a quen ia acompannar se non o editor do xornal, mostroume as instalacions e preguntoume se Alvaro e un nome moi comun no meu pais posto que cando el estivera no instituto tiveran un estudante extranxeiro espannol e que o seu nome era Alvaro. Pareceume moi curioso. Deixoume ben claro que tinna un moi bo nivel de ingles e eu respondin con un «Ao principio era horrible».

Enton chegou ela, Alaina, a xornalista a que acompannaria durante toda a manna xunto cun fotografo. Ao principio ela tinna traballo que facer, pero connecin a outra xornalista, Cris, moi simpatica coa que tiven unha moi boa relacion dende o primeiro saudo.

A minna idea principal do dia no xornal non era bastante «emocionante»,  esperaba pasar a meirande parte da manna na oficina observando como Alaina escribia algun artigo no ordenador, e ainda que parecese aburrido, estaba moi interesado en ver como o facia. Pero non foi asi.

Marchamos a SEMO, a universidade de Cape Girardeau a falar co xefe do departamento de ciencias porque estaban tentando conseguir cartos para modernizar os laboratorios, e o estado de Missouri non enviaba cartos utilizando o argumento da crise. Foi moi interesante ver como Alaina tomaba notas e Fred, o fotografo, tentaba sacar algunha foto curiosa para o xornal. Incluso despois da entrevista Alaina deixoume facer unhas cantas preguntas ao entrevistado, asi que tentei saciar todas as minnas dubidas en canto como funcionaba o sistema. Cando me dixeron todos os problemas que tinnan cos cartos e que non pasaba so nesta universidade senon en todas as universidades de Missouri a minna primeira idea foi que tal vez deberan manifestarse, expusen a minna idea e automaticamente riron a cachon.

Alaina e eu tinnamos unha relacion moi boa, era extranno pero non estaba nervioso, sentiame natural e no sitio correcto, no momento correcto. Normalmente cando estou nervioso o meu acento vai a peor e e moito mais comprlcado entenderme. Non tiven ese problema en ningun momento.

Voltamos ao xornal, Fred tinna que traballar coas fotos e Alaina tinna que escribir un pouco arredor da entrevista na paxina do xornal, explicoume como ia o sistema e pareceume moi interesante. Daquela, xa estaba totalmente namorado da profesion.

O «Southeast Missourian Newspaper» e un xornal moi pequeno que non abarca mais que noticias locais da cidade e de todos os pobos e comarcas vecinnas. Pero ainda asi me encantou.

Coma parte do programa de FBLA tinna que facerlle unha pequena entrevista a Alaina: porque elexira o traballo, que era o mellor do traballo, o peor, algun consello… E curiosamente dixo o mesmo que din os padres de Andrea, a minna mellor amiga, que o xornalismo e un traballo que ten que te gustar moito, posto que e moi dificil manter un equilibrio entre vida e traballo. Que a cousa que mais lle gustaba do seu traballo era que cada dia era distinto, as veces mellor ou peor. O seu consello: que tinna que experimentar cousas novas.

Estouno a facer.

Estivemos nunha reunion dos xornalistas co editor sobre como programar o novo mes e logo marchamos a xantar. Bob e Alaina levaronme a un restaurante de comida surenna do que non lembro o nome. Rimos a cachon ali, coma sempre sentiame comodo e natural, comezamos a falar de todo un pouco, e por suposto, cando estas con xornalistas esperas que as preguntas que fagan sexan boas. Asi foi, e unha delas pareceume a mais basica e mellor: «Por que decidiches ser un estudante estranxeiro?». A minna resposta foi longa, pero sincera. Logo marchamos;  Bob invitoume a xantar, creo que lle cain ben.

Unha vez que volvimos ao xornal tivemos que marchar de novo para cubrir outra noticia, unha entrevista a unha rapaza sobre o seu futuro economico (esquecin dicir que Alaina cubre as noticias sobre educacion, estudantes, etc…); Fred estaba ali esperando por nos enton fixeron as preguntas e marchamos rapido porque tinna que marchar.

Despedinme de Alaina. Fora estaban os meus pais americanos esperando co coche, cando entrei nel no podia quitarme o sorriso da boca, posto que estaba feliz, realmente feliz, por todo.

Aprendin moitas cousas ese dia e lembrei como e esa sensacion de sentirse a gusto nun sitio dende o principio, sen sentirse coma un extranno ou intruso.

O blogue de Fred:

http://www.semissourian.com/blogs/flynch

O blogue de Alaina:

http://www.semissourian.com/blogs/1441

Saudos,

Alvaro.

Na categoría america, chaffee, curiosidades | 3 Comentarios

Un pouco de musica

Un pouco de musica de piano e semella que os problemas marchan lonxe, tanto que non escoitas os murmurios.

Un pouco de musica de orquestra e todo parece ter un «algo», un «grande» e un «cheo». As paredes vibran, e as orellas e as persianas pechadas tamen.

Un pouco de musica para o espirito, un pequeno requiem a mente.

E todo parece ter un algo novo e simple, complexo e elegante. E escoito a eses xenios que estiveron antes ca min (Liszt, Beethoven, Mozart, Chopin, Verdi…) e sinto ciúmes deles e do seu extraordinario don.

Eles consiguen que vexas a musica.

Un pouco de musica de piano para as dubidas, que escapan con cada son procedente das teclas. Para os medos, que se asustan de si mesmos.

Forza imperial. Sonata de esperanza. Berros de odio e un pouco de musica para a mente.

Todo son ruidos que soan ben, que  enchen ben, que sentan ben ao interior.

Un pequeno requiem as dubidas, unha oda a esperanza.

Na categoría america, curiosidades, Galiza | 2 Comentarios

Respostas

Coido que tenno algo que fai a xente preguntar pola minna opinion, pola minna axuda. Buscando as minnas respostas.

As veces, o ser humano, tan social que e, busca saber a opinion doutro ser humano para ponner en orde a sua propia mente. E dunha forma incrible, o que esa persoa contanos tende a axudarnos a ver cunha claridade que non viamos antes.

A nosa especie e incrible, a nosa mente tamen.

Creo que a cousa que mais me fascina da nosa especie e a capacidade de sentir. E un don incrible, e encantame ver como os sentimentos superan a moita xente, son como unha corrente de auga que non ten fin nin cura. Fermoso.

O amor, o medo ao futuro, a soidade, a morte, a perda… Todo un catalogo de sentimentos e diferentes personalidades. E todos buscamos respostas e apoio.

Onte sentin (de novo) a sensacion de que moita xente encontra as respostas mais doadamente cando falan conmigo, e non comprendo por que. De que a xente sente que hai algo en mi que lles achega esa claridade que andan a buscar, e danme as grazas, sempre leo ou escoito un «grazas». E non comprendo por que.

Creo, persoalmente, que todo ser humano deberia axudar a outro ser humano polo que sente algo. E un deber. Temos sentimentos, e ainda que non queramos utilizalos, deberiamos axudar a xente que nos importa  a superar o mal trago, a resolver as suas dubidas.

A perda dun amor e o medo ao futuro, a que as cousas cambien. O medo de que o futuro sen esa persoa non sexa igual de feliz, a eterna balanza de «mais vale o malo connecido que o malo por connecer», porque o malo connecido sabes que trae os seus bos momentos. A perda daqueles que facian a tua vida dificultosa e caotica, pero chea de amor. Estes son os sentimentos que puiden observar nestes ultimos dias e toda esa dor e medo seguen a parecerme unhas sensacions fermosas. Duras pero fermosas.

A impotencia.

Todo e unha loita polo minuto seguinte, pola hora seguinte, polo dia seguinte. Alguns procuran a estabilidade como poden (unha rutina, un amor, un traballo, unha relixion), algo que consiga axudarlles a sobrevivir sen caer neses medos tan humanos, algo ou alguen nos que desafogar ou con quen compartir esas emocions tan duras.

Outros cren que non hai equilibrio posible e fuxen toda a sua vida ou pensan que estan a  fuxir. Tamen hai xente que busca o seu propio metodo de ser felices.

Gustame sentir que axudo a alguen falando con esa persoa cando me necesita.

As veces non e tan facil. Sempre habera xente que non queira ver o que fai mal (moitos negamos os nosos erros ao principio porque doe pensar que podemos  portarnos dun xeito cruel ou incorrecto), e enton podes chegar a perder esa persoa.

Asi son as cousas. Preguntandote por que a xente che pregunta. Sentindo o que eles senten (empatia) e sentindo un pequeno baleiro cando te decatas de que ti non o fas da mesma forma ou que tes un corazon demasiado «grande» (ou pequeno) e te preocupa demasiado por palla que non e da tua incumbencia. Pola que sentes que e o teu deber preocuparte.

E sempre rematan cun grazas ou cunha frase de carinno ou amor, para que vexas o agradecidos que estan. E ti estas contento porque axudas a quen te importa cando necesitan as respostas que tan so ti tes. Todos somos felices.

Pero…

Quen lle das as respostas ao que da as respostas?

:D

Na categoría america, curiosidades, Galiza | 1 Comentario